ECO-RETOS VOZ NATURA (NOVEMBRO)

 

ECO-RETOS VOZ NATURA


Animámosvos a seguir realizando actividades ambientais para promover a acción e a concienciación ambiental.

Como?
Mostrando en redes sociais o que estades a facer para protexer o medio ambiente... Que é moito!

Cada mes, propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa  ambiental no cole, en casa, con amigos etc. Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o hashtag  #AccionVozNatura e o hashtag de cada mes. E... Non vos esquezades de etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades! 

No mes de novembro, o reto é: investigamos para protexer o medio ambiente e preservar a nosa empobrecida biodiversidade, loitar contra o cambio climático, evitar a destrución de hábitats e usar as ferramentas da ciencia para preservar os nosos ecosistemas.  Hashtag: #RetoInvestigamos.

É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ás vosas redes sociais, ao longo do mes de novembro, debedes engadir: #AccionVozNatura #RetoInvestigamos (ademais de etiquetarnos  con: @voznatura).

E, para que poidades planificar as vosas accións ambientais da presente 28.ª edición Voz Natura, adiantámosvos os retos dos próximos meses:

 Decembro: Reutilizamos. #RetoReutilizamos 
 Xaneiro: Divulgamos. #RetoDivulgamos
 Febreiro: Inventamos Enerxía. #RetoInventamos 
 Marzo: Plantamos. #RetoPlantamos
 Abril: Concienciamos (ideas para protexer a Terra). #RetoConcienciamos 
 Maio: Preservamos. #RetoPreservamos (ríos, montes, praias, biodiversidade, hábitats…)  
 Xuño: Presumimos (despois do traballo durante o curso, presumimos dos resultados). #RetoPresumimos

Comparte os teus logros ambientais!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VOZ NATURA INNOVACION EDUCATIVA

INNOVACION EDUCATIVA VOZ NATURA

CURSO 23-24: ¡PROTEXEMOS A FLORA E A FAUNA DE GALICIA!