PROXECTO VOZ NATURA 2026-2027
🌿 ALLERULLOANATUREZA Xustificación e contexto No curso 2026-2027 o noso IES participará no programa Voz Natura , que celebra o seu 30 aniversario promovendo a educación ambiental nos centros educativos de Galicia. O proxecto AllerUlloaNatureza nace coa ilusión de converter o noso centro nun espazo máis verde, sostible e comprometido co medio ambiente. O noso instituto está situado nun contorno semiurbano e, ademais, estamos nun momento especial: a ampliación das instalacións. Isto convértese nunha oportunidade única para que o alumnado participe activamente na transformación do patio e das zonas verdes, facendo do centro un lugar máis agradable, máis habitable e máis respectuoso coa natureza. Queremos que o alumnado sexa protagonista do cambio 🌱 Que coñeza, valore e protexa a flora e fauna autóctonas. Que aprenda a utilizar os recursos naturais de maneira responsable. Que participe na mellora do noso entorno máis próximo, incluído o tramo do Camiño de Santiago – Camiño de...