VOZ NATURA 2025 - 2026
Comezamos a nova edición Voz Natura, curso 2025/2026, dedicada á realización de accións contra a crise climática e a procura de solucións para mitigala: http://www.voznatura.com/en-accion-39-VOZ-NATURA-EN-ACCIÓN
Nesta sección da nosa web, dispoñedes, na área de RECURSOS, dos carteis e calendarios da presente edición Voz Natura para que os poidades utilizar como mellor consideredes (podédelos descargar en castelán e galego).
A partir de agora e como en edicións anteriores, poñémonos á vosa disposición para brindarvos todo o apoio e asesoramento que necesitedes para levar a cabo os vosos traballos medioambientais.
Próximamente enviarémosvos unha comunicación detallando o procedemento para poder iniciar as vosas compras de materiais e xestionar as correspondentes facturas.
Se tedes calqueira dúbida respecto ao desenvolvemento ou xestión dos vosos proxectos, podedes contactar connosco no teléfono 981 180418 ou no correo electrónico: voznatura@lavoz.es
Tamén vos comunicamos que, a partir do día 22 de septiembre, o noso Comité Científico iniciará as súas visitas a todos os centros participantes. O seu cometido é axudarvos no desenvolvemento das vosas actuacións medioambientais, ofrecervos as recomendacións que precisedes para levalas a cabo e aclarar as dúbidas que vos xurdan ó longo do curso.
A través desta ligazón poderedes saber cando recibiredes a súa visita: http://www.voznatura.es/mapa-el-reportero-54-mapa-o-reporteiro&idioma=Galego
Comentarios
Publicar un comentario