Benvida Voz Natura curso 2024 - 2025

 Estimad@s amig@s,


Comezamos a nova edición Voz Natura, curso 2024/2025, dedicada ao coñecemento e uso da ciencia e o método científico para protexer o medioambiente:  http://www.voznatura.com/en-accion-39-VOZ-NATURA-EN-ACCIÓN


Nesta sección da nosa web, dispoñedes, na área de RECURSOS, dos carteis e calendarios da presente edición Voz Natura para que os poidades utilizar como mellor consideredes (podédelos descargar en castelán e galego).


A partir de agora e como en edicións anteriores, poñémonos á vosa disposición para brindarvos todo o apoio e asesoramento que necesitedes para levar a cabo os vosos traballos medioambientais.


Próximamente enviarémosvos unha comunicación detallando o procedemento para poder iniciar as vosas compras de materiais e xestionar as correspondentes facturas.


Se tedes calqueira dúbida respecto ao desenvolvemento ou xestión dos vosos proxectos, podedes contactar connosco no teléfono 981 180418 ou no correo electrónico: voznatura@lavoz.es


Tamén vos comunicamos que, a partir do día 23 de septiembre, o noso Comité Científico iniciará as súas visitas a todos os centros participantes. O seu cometido é axudarvos no desenvolvemento das vosas actuacións medioambientais, ofrecervos as recomendacións que precisedes para levalas a cabo e aclarar as dúbidas que vos xurdan ó longo do curso.


A través desta ligazón poderedes saber cando recibiredes a súa visita: http://www.voznatura.es/mapa-el-reportero-54-mapa-o-reporteiro&idioma=Galego


En breve, volveremos a contactar convosco para facilitarvos máis información do desenvolvemento do programa.


Feliz comezo de curso!!!



Programa Voz Natura
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
Tef: +34 981 180 418

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VOZ NATURA INNOVACION EDUCATIVA

INNOVACION EDUCATIVA VOZ NATURA

ACTIVIDADES