ECO-RETOS VOZ NATURA Animámosvos a seguir realizando actividades ambientais para promover a acción e a concienciación ambiental. Como? Mostrando en redes sociais o que estades a facer para protexer o medio ambiente... Que é moito! Cada mes , propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa ambiental no cole, en casa, con amigos, etc. Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o hashtag #AccionVozNatura e o hashtag de cada mes. E... Non vos esquezades de etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades! No mes de novembro , o reto é: investigamos para coñecer a importancia da fauna e flora e conservar a nosa biodiversidade, os diferentes hábitats e o patrimonio natural. Hashtag: #RetoInvestigamos. É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ás vosas redes sociais, ao longo do mes de novembro, debedes
Comentarios
Publicar un comentario