ECO-RETOS VOZ NATURA

ECO-RETOS VOZ NATURA


Animámosvos a seguir realizando actividades ambientais para promover a acción e a concienciación ambiental.

Como?
Mostrando en redes sociais o que estades a facer para protexer o medio ambiente... Que é moito!

Cada mes, propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa ambiental no cole, en casa, con amigos, etc.

Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o  hashtag #AccionVozNatura e o  hashtag de cada mes. E... Non vos esquezades de  etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades! 

No mes de novembro, o reto é: investigamos para coñecer a importancia da fauna e flora e conservar a nosa biodiversidade, os diferentes hábitats e o patrimonio natural.  Hashtag: #RetoInvestigamos.

É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ás vosas redes sociais, ao longo do mes de novembro, debedes engadir: #AccionVozNatura #RetoInvestigamos (ademais de  etiquetarnos con: @voznatura).

E, para que poidades planificar as vosas accións ambientais da presente 27.ª edición Voz Natura, adiantámosvos os retos dos próximos meses:

◦ Decembro: Reutilizamos. #RetoReutilizamos 
◦ Xaneiro: Divulgamos. #RetoDivulgamos
◦ Febreiro: Aforramos Enerxía. #RetoAforramos 
◦ Marzo: Plantamos. #RetoPlantamos
- Abril: Concienciamos (ideas para protexer a Terra). #RetoConcienciamos 
◦ Maio: Reciclamos. #RetoReciclamos 
◦ Xuño: Presumimos (despois do traballo durante o curso, presumimos dos resultados). #RetoPresumimos

Comparte os teus logros ambientais!

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 23-24: ¡PROTEXEMOS A FLORA E A FAUNA DE GALICIA!

INNOVACIÓN EDUCATIVA VOZ NATURA. NOVEMBRO 2023