CURSO 23-24: ¡PROTEXEMOS A FLORA E A FAUNA DE GALICIA!

 

CURSO 23-24: ¡PROTEXEMOS A FLORA E A FAUNA DE GALICIA!

Voz Natura chega este curso ao seu 27.ª edición con cifras históricas: 373 centros educativos e asociacións participantes con máis de 3.700 docentes guiando a 78.000 nenos e novos.
Entre setembro e xuño, cada centro executará un proxecto ambiental, que xa foi revisado e aprobado polo comité científico do programa para garantir a súa viabilidade e rigor científico. Un ano máis, haberá reforestacións e plantacións na contorna das escolas, invernadoiros e hortos no recinto escolar, limpezas de praias e ríos, reciclaxe e investigación.

O tema central do curso —sobre o que se propón realizar actividades específicas xunto a todas as demais— é o coñecemento e a protección da flora e fauna autóctonas. Trátase de que os estudantes traballen para frear o empobrecemento da biodiversidade e a destrución de hábitats. E farano a través de diversas actividades para protexer especies en perigo de extinción, creando biorrefugios, investigando sobre especies da contorna próxima, reforestando con especies arbóreas autóctonas ou eliminando especies invasoras.

Ao longo do curso, Voz Natura proporá actividades paralelas para enriquecer os proxectos. Tamén, os centros recibirán a visita do comité científico que os asesorará e axudará a levar os proxectos ao terreo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INNOVACIÓN EDUCATIVA VOZ NATURA. NOVEMBRO 2023

ECO-RETOS VOZ NATURA